“Eu fágoo a ollo”
Na miña rúa había unha señora chamada Maruxa que cociñaba mellor ca todo Internet xunto. E mira que Internet ten receitas. Ten vídeos. Ten chefs berrando. Ten xente botándolle flores comestibles á tortilla coma se fose un xardín botánico. Pero…