Carta dunha Condenada ao seu Verdugo

Ti, que destilas veleno con graza de doncela,que rompes espellos só por ver sangrar o reflexo,que xogas a ser Deus porque o Demo che queda pequeno:aquí me tes, escribíndoche… outra vez. As túas mans cheiran a incendio e a mentira…

As estacións por dentro

Din que o ano ten catro estacións, pero ninguén fala das que medran por dentro. Para min, a primavera non comeza no calendario. Comeza unha mañá calquera, cando saio ao xardín e descubro unha flor onde xuraría que só había…

Fóra de tempo

Coñecinte cando eramos demasiado novos para entender o destino. Eu tiña catorce anos, ti quince, e o amor pasou por diante de nós sen facer ruído. Tres anos despois recoñeceunos: ti xa tiñas unha vida feita, eu aínda estaba aprendendo…

Un anaco de min

Todo empezou cun regalo da miña filla: unha pequena xoia de resina cunha mimosa no seu interior. Non era só bonita; tiña algo difícil de explicar, coma se gardase un instante intacto, suspendido para sempre. Cando a levei posta, pensei…

A campá que nunca soou

Martín levaba vinte anos subindo os chanzos da torre cando o prior lle pediu que non tocara a campá ao amencer. Non houbo explicación, só unha mirada grave e unha orde murmurada, coma se o propio aire puidese traizoalos. Aquela…

Fendas Eternas

Xoán saltaba fendas coma un canguro hipocondríaco, botaba sal por riba do ombreiro «por se as moscas traidoras» e maldecía cada sombra felina. Pisou unha fenda traidora, o seu gato Xudas miou cruzando o camiño, o espello do peto estalou…

Así foi, sen que faltase nada

Nacín na casa dos meus avós no lugar de O Pacio ( Muimenta) e nunca pensei que iso tivese nada de especial. A casa, para min, sempre estivo chea de xente. Había mans de máis para peitearme, voces dabondo para…

Madurez

Non fixo falta palabra ningunha. Hai silencios que pesan máis ca un discurso, e miradas que deixan claro o que non se di. A idade xa non serve de escusa, nin o descoñecemento de abrigo. Hai límites que un debería…

O balde do silencio

Mira, vouche contar unha cousa: os mariñeiros do porto non menten. Ou bueno… menten doutra maneira. Dígocho eu, que os vexo todos os días. Aquela mañá atopeime con Pepe, o da gorra azul, o que di que o mar lle…

O prezo de non amar

Chegou a vello sen cicatrices na alma, sen cartas gardadas, sen nomes que doeran ao lembralos. Criu que así evitaría o sufrimento. Pero unha tarde, diante do espello, comprendeu que non ter amado era a ferida máis fonda.